Blogia
vgomez

O CAMBIO CLIMÁTICO EN CATRO INDICADORES RÉCORD DE 2021

As concentracións de gases de efecto invernadoiro, a subida do nivel do mar, o contido calorífico dos océanos e a súa acidificación presentan peores cifras.

A ciencia non deixa de probar o avance do cambio climático. Agora, a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), alertou de que catro dos indicadores do cambio climático bateron récord durante o ano 2021. Estes son, as concentracións de gases de efecto invernadoiro, a subida do nivel do mar, o contido  calorífico dos océanos e a súa acidificación.

Por contra, as temperaturas non superaron as do ano anterior. Aínda que lonxe de ser un síntoma de mellore, isto debeuse ao fenómeno meteorolóxico da Nena. E, de feito, a media mundial superou aproximadamente 1,11 graos os niveis preindustriais, de acordo co informe.

É máis, si houbo récords rexionais de temperatura, en cambio, en continentes como América do Norte (54,4 graos alcanzados o 9 de xullo do pasado ano no Val da Morte de California) ou en Europa (48,8 graos en Sicilia, o 11 de agosto).

Os datos "son un novo exemplo patente de que as actividades humanas están a provocar cambios a escala planetaria na terra, o océano e a atmosfera, e de que estes entrañan repercusións nocivas e duradeiras para o desenvolvemento sostible e os ecosistemas", subliña o informe.

Segundo o documento, a acidificación dos océanos (que se produce pola absorción que estes fan de parte das emisións antropóxenas de dióxido de carbono) causou que o PH dos mares estea no seu nivel máis baixo dos últimos 26.000 anos.

O nivel medio do mar a escala mundial alcanzou novos máximos ao subir unha media de 4,5 milímetros anuais durante o período 2013-21, un ritmo dúas veces maior ao rexistrado entre 1993 e 2002 e que se debe a unha aceleración da perda de masa dos mantos de xeo.

O informe emítese a poucos días de que se celebre en Suíza o Foro de Davos, onde líderes políticos e económicos de todo o mundo congréganse para discutir, entre outros asuntos, as estratexias para lograr os obxectivos climáticos mundiais propostos para 2030 e 2050.

FONTE: laregion.es       Imaxe: Arquivo EFE

0 comentarios