Blogia
vgomez

ATOPAN NITRÓXENO EN MARTE

ATOPAN NITRÓXENO EN MARTE

O vehículo robótico "Curiosity" explora Marte desde agosto de 2012 /  Imaxe:mexico.cnn.com

O nitróxeno é un dos ingredientes que se considera imprescindible para que exista vida como a coñecemos na Terra. E este elemento está presente en Marte. Encontrouno o en tres mostras distintas do subsolo do cráter Gale que tomou durante a súa expedición polo Planeta Vermello, segundo asegura un equipo internacional de investigadores nun estudo publicado esta semana na revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS).

O vehículo da NASA, que explora Marte dende agosto de 2012, detectou a presenza de nitróxeno fixado en sedimentos do Planeta Vermello a través da perforación de rochas e da análise realizada co instrumento SAMS (Sample Analysis at Mars). O estudo suxire que nalgún momento da historia de Marte debeu existir un ciclo de nitróxeno.

Este descubrimento supón un novo indicio que axudará a avaliar a habitabilidade de Marte, aínda que a súa presenza, matizan os científicos, non demostra que hai vida ou a houbera: "Dende logo este achado non é proba de que haxa vida no subsolo de Marte. Tampouco éo de que a haxa habido no pasado, pero abre un horizonte moi interesante", aclaran os investigadores.

FONTE: Xornal El Miundo/Ciencia

0 comentarios