Facebook Twitter Google +1     Admin

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Publicado: 17/05/2015 11:26 por vgomez en DOCENCIA
20150517112538-jfv-560x280.jpg

Filgueira Valverde / Imaxe: periodistadigital.com

Non hai dúbida de que o principal factor de identidade que posúe Galicia é a súa lingua. Son moitos os galegos que coidan que a lingua galega é un elemento esencial na conformación da nosa personalidade como pobo, e, segundo os datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia, máis do 70 % da poboación considera que, se se deixase de falar galego, perderíase a cultura diferenciada e a identidade de Galicia. Pero na conformación da identidade dos pobos é tamén moi importante o recoñecemento exterior: existimos porque somos, pero tamén porque os demais recoñecen que existimos. De aí a importancia que ten para os galegos dar a coñecer a súa lingua e a súa cultura máis aló dos lindeiros administrativos da Comunidade Autónoma, tanto no resto do Estado español coma nos principais países do mundo.

O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida.

Iste ano adícámolo a Xosé Filgeira Valverde (Pontevedra, 1906-1996). Historiador, escritor, erudito enha das figuras centrais na vida cultural galega do século XX.

Se queres profundizar na súa vida e obra preme AQUÍ.

 FONTE: RAE

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.