Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ALEMAÑA? X

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Müritz. É un lago situado no distrito Chaira Lacustre Mecklemburguesa, do estado de Mecklemburgo-Pomerania Occidental (Alemaña), que cos seus 117 km² e os seus 31 m de profundidade máxima é o lago interior máis grande do país.​ O seu principal afluente é o río Elde. Só é superado en tamaño polo lago Constanza, aínda que este non é exclusivamente alemán, senón compartido con Austria e Suíza.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

 

10. Cal destes países non limita con Alemaña?

- Francia

- Austria

- Suiza

- Bélxica

- Luxemburgo

- Pises Baixos

- República Checa

- Eslovaquia

- Dinamarca

- Polonia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: es.wikipedia.org e setav.org

0 comentarios