Facebook Twitter Google +1     Admin

LAGARTO CON SEIS COLAS

Publicado: 06/11/2015 07:26 por vgomez en CURIOSIDADES
20151103182847-14464625125275.png

O lagarto Salvator meriana, de seis colas / N. Pelegrin e S.M. Leão

Este  lagarto branco (Salvator meriana), non adulto, atopado na cidade de Córdoba (centro de Arxentina) e de máis medio metro de lonxitude, feriuse gravemente a cola cun obxecto afiado que non chegou a cortarlla. Pero a lesión foi o suficientemente profunda como para iniciar o proceso de rexeneración desta extremidade. Neste caso, ao lagarto saíronlle simultaneamente seis colas de diferentes tamaños e desde diferentes puntos. Algunha delas mesmo medrou cun ángulo de 90º respecto da cola orixinal.

Os científicos do Instituto de Diversidade e Ecoloxía Animal (CONICET-UNC) e do Centro de Zooloxía Aplicada (Arxentina) describen o fenómeno de "extremadamente raro", aínda que a bifurcación da cola en lagartos non é do todo inusual. Con todo, é a primeira vez que se observa un lagarto de seis colas.

Esta habilidade de rexeneración xa era coñecida: algúns lagartos poden volver crear células nerviosas, parte da súa mandíbula e das súas extremidades. De feito, a estratexia de desfacerse da cola e volvela a xerar é amplamente usada para escapar dos depredadores. O estudo, publicado en Cadernos de Herpetoloxía, recalca que no caso deste lagarto, ter seis colas pode xerarlle máis custos que beneficios.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.