O TRÁNSITO DE MERCURIO SOBRE O SOL
Mercurio situouse, onte, case en liña recta co Sol e a Terra. Un punto diminuto, que corresponde á sombra do planeta, pasou lentamente diante do disco solar durante catro horas e 23 minutos a partir das 13:37. A bóla negra entrou pola parte inferior esquerda e cruzou o Sol ata chegar á parte superior dereita. Este fenómeno obsérvase tan só 13 veces por século e o próximo tránsito prevese o 13 de novembro de 2032. O 9 de maio de 2016 foi a última vez que foi visible tal acontecemento excepcional desde España.
A primeira vez que se puido observar a sombra do planeta deslizarse diante do Sol foi o 7 de novembro de 1631, uns vinte anos despois da creación do primeiro telescopio. Johannes Kepler foi quen predixo o tránsito e Pierre Gassendi, un científico francés, quen o observou primeiro, seguindo os consellos do astrónomo alemán.
Marabillas do espazo!
0 comentarios