Facebook Twitter Google +1     Admin

HOXE COMEZA O INVERNO

Publicado: 22/12/2015 09:32 por vgomez en DOCENCIA
20151221105621-20141220091941-frio.jpg

Chega o inverno e con el o fío. Veremos! / Imaxe:deguapas.com

Hoxe martes, 22 de decembro, un chisco antes de que os nenos do colexio San Ildefonso empezasen a cantar os números da lotería, comezou o inverno. Exactamente ás  5 horas e 48 minutos.

Durará ata o 20 de marzo, ás 4 horas e 30 minutos, momento que entraremos na primavera, pero xa en 2016.

O inicio do inverno pode darse, como máximo, en catro datas distintas do calendario (do 20 ao 23 de decembro). Ao longo deste século  o inverno iniciarase nos días 20 a 22 de decembro (data oficial española), sendo o seu inicio máis temperán o do ano 2096 e o inicio máis tardío o de 2003. As variacións dun ano a outro son debidas ao modo en que encaixa a secuencia de anos segundo o calendario (uns bisestos, outros non) coa duración de cada órbita da Terra arredor do Sol (duración coñecida como ano trópico).

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.