Blogia
vgomez

FOTCIENCIA13

FOTCIENCIA13

"Que esconde a man dun neno?"/ Imaxe: RAÚL RIVAS GONZÁLEZ/LORENA CELADOR LERA

O certame FOTCIENCIA celebrou a súa 13ª edición premiando ás mellores as mellores imaxes de ciencia do ano. O concurso, ao que se presentaron preto de 700 imaxes, pretende achegar a ciencia cunha visión artística e estética.

Primeiro premio xeral: "Que esconde a man dun neno?".

A imaxe é a proba gráfica do que pode esconder unha man lixosa. A fotografía foi tomada a partir da pegada dunha nena de 6 anos tras pousar a súa man sobre unha placa de petri que contiña medio de cultivo PCA. A placa foi incubada a 28ºC durante dous días. O obxectivo era demostrar a alumnos de Infantil e Primaria dun colexio público de Salamanca, a importancia que ten lavarse as mans despois, por exemplo, de xogar con terra. Podemos apreciar colonias de fermentos e unha gran diversidade de colonias de bacterias tanto en forma como en tonalidades, destacando un número apreciable de colonias pertencentes aos xéneros Bacillus, Micrococcus e Staphylococcus así como ao grupo das actinobacterias. En realidade, a pel non é un órgano aséptico xa que sobre ela viven multitude de microorganismos. A presenza de bacterias saprófitas na nosa pel é algo normal e hoxe sabemos que estas bacterias comensais están directamente implicadas na saúde humana actuando como primeira barreira protectora fronte a microorganismos indesexables, xa que impiden a colonización doutras bacterias patóxenas.

En próximos días veremos o resto de galardoados.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios