Blogia
vgomez

WORLD PRESS PHOTO 2021

WORLD PRESS PHOTO 2021

Esta fotografía tomada polo danés Mads Nissen do “Primeiro abrazo” en pandemia (The First Embrace), que representa a unha muller abrazada por unha enfermeira en Brasil en agosto, foi seleccionada onte como a fotografía do ano polo xurado do World Press Photo, probablemente o certame de fotoperiodismo máis importante do mundo.

A imaxe recolle un dos momentos máis especiais da pandemia, no que Rosa Luzia Lunardi, de 85 anos, recibe un abrazo da enfermeira Adriana Silva dá Costa Souza, na residencia Viva  Bem de São Paulo, en Brasil, o 5 de agosto de 2020.

Iste certame vén recoñecendo desde 1955 o traballo dos mellores profesionais do  fotoperiodismo nunha competición que premia á mellor fotografía do ano e a mellor historia contada a través dun fotorreportaxe. Nesta 64ª edición, o concurso contou con preto de 74.500 imaxes de 4.135 fotógrafos procedentes de 130 países distintos.

Se queres coñecer o resto de gañadores absolutos en cada unha das categorías premiadas, así como as mellores series fotográficas que se alzaron co título do mellor  portafolio preme AQUÍ.

FONTE: nationalgeographic.com.es

0 comentarios