Facebook Twitter Google +1     Admin

 

Un instituto de investigación xaponés resucitou con éxito un oso de auga, un microanimal capaz de sobrevivir en condicións ambientais extremas, que foi atopado conxelado no Polo sur hai máis de 30 anos.

O Instituto Nacional de Investigación Polar de Xapón (NIPR) explicou, nun comunicado, que o exemplar de tardígrado (popularmente coñecido como oso de auga) resucitado foi achado nunhas mostras de brión obtidas en novembro de 1983 preto da base polar Showa que Xapón ten na Antártida Oriental.

O proceso de desconxelación do oso de auga comezou en maio de 2014, segundo o NIPR.

O organismo apuntou que ata agora logrouse revivir a un destes microanimales (aqueles que só poden verse mediante un microscopio) tras un máximo de nove anos de conxelación, polo que este logro supoñería un novo récord.

O tardígrado é considerado o ser vivo máis resistente, ao ser capaz de sobrevivir en condicións extremas de temperatura (de entre máis de 100 graos centígrados e por baixo dos 200 baixo cero), presión ou radiación.

De feito, é o único animal que logrou sobrevivir no espazo exterior, tal como demostrou un experimento realizado en 2007.

Os osos de auga son capaces de entrar en estado de criptobiosis, un proceso que lles permite sobrevivir en contornas extremas.

Mediante a criptobiosis os tardígrados deteñen ou reducen todos os seus procesos metabólicos ata que as condicións ambientais retornan á normalidade.

Os investigadores do NIPR consideran así que a supervivencia deste espécime tras permanecer en temperaturas inferiores aos 20 graos baixo cero durante máis de tres décadas axudará a coñecer mellor os procesos criptobiónicos.

FONTE: Xornal El Mundi/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.