Facebook Twitter Google +1     Admin

O OTOYAC: UN RÍO TRAGADO POLA TERRA

Publicado: 09/03/2016 07:59 por vgomez en CURIOSIDADES
20160306091917-14571935892929.jpg

O río Atoyac, antes e después de quedarse sen agua / EFE

Coma se alguén lle quitase un tapón á terra, o río Atoyac, no estado mexicano de Veracruz, desapareceu por un desaugadoiro natural. O estraño fenómeno ao que os científicos tentan atopar unha explicación produciuse tras abrirse unha fenda de 30 metros de longo por 20 de ancho no chan. Así, de súpeto, a terra tragouse un caudal enteiro.

Todo ocorreu hai unha semana, cando os poboadores de oito municipios da zona montañosa de Veracruz contemplaron con asombro, tras escoitar un enrome estrondo, que o río que lles daba auga aos seus cultivos desaparecera. "Démonos conta de que deixou de correr a auga e ao ir revisar atopámonos cun foxo", relataba unha veciña da zona.

Desde ese instante, 10.000 familias e algunhas industrias azucreiras quedaron sen a súa subministración natural de auga. "Non nos queda máis que rezar, non sabemos que nos espera. A Biblia di moitas cousas. Nós habemos sobreexplotado o río e agora estanos cobrando", explica.

Mentres, á espera de que a Biblia e os rezos poidan dar unha explicación a este estraño fenómeno, os científicos levan días traballando no suceso. Tanto a Comisión Nacional da auga como a Secretaría de Protección Civil de Veracruz están por unha banda traballando para desviar o caudal cen metros e evitar así a foxa e por outro buscando as causas dunha greta que se traga 200 litros de auga por segundo. As primeiras análises a apuntan ao terreo, pedra calcaria, que xa en anos anteriores sufrira algún derrube similar na zona.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.