Facebook Twitter Google +1     Admin

UN POLBO CHAMADO "CASPER"

Publicado: 14/03/2016 08:12 por vgomez en CURIOSIDADES
20160313194909-31.jpg

O polbo "Casper" / Imaxe:www.antena3.com 

Dan ganas de levarllo a casa, verdade? E non para metelo nunha pota. Este adorable polbo saíu á luz por pura casualidade, durante unha misión da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica de EE. UU. (NOAA) en augas da illa Necker, uns 250 quilómetros ao noroeste do arquipélago de Hawai. 

Como sucedeu? O pasado 27 de febreiro, o barco Okeanos Explorer da NOAA atopábase nos arredores desa pequena illa. O seu obxectivo principal era recoller mostras xeolóxicas do fondo para mellorar o coñecemento do relevo submarino do Pacífico. Ademais, o submarino non tripulado Deep Discoverer, pilotado desde o navío, ía observar a vida mariña da zona.

Cando este vehículo teledirigido cruzaba unha área a 4.290 metros de profundidade, os seus cámaras captaron un polbo de escaso tamaño tranquilamente pousado nunha roca plana cuberta de sedimentos. Ata agora non se observaron cefalópodos deste tipo tan lonxe da superficie.

Os octópodos de augas profundas divídense en dous grupos: os polbos cirrados, que presentan apéndices ou papilas alongadas en forma de dedo ao longo dos costados dos tentáculos na rexión oral; e os non cirrados, que carecen deste trazo e aseméllanse aos polbos de augas máis superficiais.

O cefalópodo descuberto pertence ao segundo. Carece de cromatóforos (células con pigmentos no seu interior típicas destes animais) e ten pouca musculatura, o que se traduce nun aspecto fantasmal que fixo que se lle chame “Casper”, como o famoso fantasmita de debuxos animados.

Os especialistas pensan que pertence case con toda seguridade a unha especie non descrita, e que mesmo podería formar parte dun novo xénero descoñecido. Os polbos cirrados foron vistos a máis de 5.000 metros de profundidade, pero ata agora non se tiña noticia de polbos non cirrados por baixo dos 4.000 metros. Esa honra quedou para “Casper”, aínda á espera dun nome científico.

FONTE: Revista Muy Interesante/Natureza

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.