Facebook Twitter Google +1     Admin
20160430083424-venta-a-granel.jpg

A compra a granel / Imaxe:.pulsodf.com.mx

Sigo cos dez xestos ecolóxicos relacionados coa alimentación, a roupa, o transporte ou a enerxía que non nos debe dar vergoña facer.

4. Levar a comida que sobra no restaurante

Un terzo da produción alimentaria mundial para consumo humano pérdese ou se refuga, segundo Nacións Unidas, mentres que o Parlamento Europeo calcula que uns 179 quilos de alimentos en bo estado desperdícianse por persoa ao ano, cos consecuentes custos económicos e ambientais. A comida que se deixa no restaurante tírase ao lixo. Cada vez máis hostaleiros asumen como unha práctica normal que se pida para levar a casa e mesmo dispoñen de envases, un punto ao seu favor ao elixir establecemento.

5. Comprar a granel

Os produtos a granel son máis económicos e evitan o uso excesivo do empaquetado. Cada vez son máis comúns os establecementos que empregan o granel en parte ou mesmo en todos os seus produtos.

6. Arranxar produtos para que duren máis

A publicidade agresiva tenta convencernos de "mellorar" co "novo", do "especial" de estar á última moda, a pesar de que mesmo o que se teña estea en bo estado. Isto supón na práctica un gasto innecesario de recursos naturais e o aumento de residuos. Antes de adquirir nada, hai que pensar se realmente é imprescindible e tentar arranxar o que se ten para que dure máis.

Continuará...

FONTE: Revista Consumer/medio Ambiente

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.