Blogia
vgomez

AREA GRANDE: BANDEIRA AZUL

AREA GRANDE: BANDEIRA AZUL

Á praia da AERA GRANDE foille concedida unha BANDEIRA AZUL para este verán. Foi unha das 124 que levou Galicia, das 493 praias e 78 portos que levou o conxunto de España.

As bandeiras azuis concédeas un xurado internacional formado por representantes do Programa de Nacións para o Medio Ambiente, da Organización Mundial do Turismo, da Asociación Internacional de Salvamento e Socorrismo, e de varias organizacións dedicadas á conservación e protección da natureza.

As bandeiras azuis son un selo ambiental internacional que certifica o cumprimento de criterios de calidade como a accesibilidade, a salubridade das augas, a información ambiental aos usuarios ou o respecto á lexislación.

Estas son as características desta praia (Datos tomados da páxina web do Concello):

 

Praia Area Grande

 Latitude: 41° 54’ 36.28’’ N Lonxitude: 8° 52’ 25.42’’ W

Area Grande


Praia bañada polo oceáno Atlántico, a escasa distancia do centro urbano o que facilita o acceso a pé dos bañistas atraídos pola sona e as propiedades beneficiosas das súas augas iodadas, ideais para mellorar das enfermidades reumáticas e dermatolóxicas. Para todos aqueles que o necesiten dispón de transporte urbano e diversos servizos hostaleiros, así mesmo pódese tomar como punto de partida dun agradable paseo cara o porto da Guarda seguindo a liña da costa

SERVIZOS:

AparcadoiroTeléfonoRecollida selectiva
PapeleirasAcceso minusválidosDuchas
AseosServizo de limpezaTransporte
HoteisRestaurantes


ACCESO:
Está situada saíndo da Guarda en dirección a Baiona, pola PO-552, aproximadamente a 400 metros cóllese un desvío á esquerda que leva ata a praia.

ACCESIBILIDADES:
Coche, peonil ou transporte urbano (autobús).

CARACTERÍSTICAS:

Tipo:Praia resgardada
Longura:300 metros
Ocupación tempada estival:Alta
Tipo de area:Dourada

Podemos felicitarnos e é unha mágoa que a praia maritimo-fluvial do Muíño non recebira tal galardón. Hai que seguir traballando para conseguila. Esperemos que o próximo ano reciban este selo de calidade as dúas.

 

0 comentarios