Facebook Twitter Google +1     Admin

 

Sigo co Top 10 das especies máis asombrosas entre as descubertas durante os últimos 12 meses e que o Instituto Internacional para a Exploración de Especies publica cada ano.  Desta vez tócalle a un novo hominoideo que nos achega aos xibóns

O Pliobates cataloniae viviu hai máis de 11,5 millóns de anos no que hoxe é Cataluña. O seu descubrimento expón a posibilidade de que os primeiros humanos poderían estar máis estreitamente relacionados cos xibóns que cos grandes simios. Laia, bautizada así polos científicos en honra á patroa de Barcelona, pesaba entre 4 e 5 quilos e medía uns 45 centímetros. No vídeo superior un dos seus descubridores ofrece máis detalles e imaxes.

FONTE: Revista Consumer

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.