Blogia
vgomez

UN CHALECO QUE NOS PERMITE FALAR CO NOSO CAN

 

Os cans poden, literalmente, cambiar as nosas vidas. Poden salvar vidas. E xa o están facendo. Só lles faltan os medios para comunicarse”. Ese é o obxectivo dos seus experimentos dentro do proxecto FIDO (Facilitating Interactions for Dogs with Occupations), do que é creadora e directora Melody Jackson (Doctora en Ciencias Informáticas pola universidad de Georgia).

Aqueles que comparten a súa vida cun can saben que estes son moi capaces de comunicarse con eles e facerlles entender que é o que queren en cada momento a través de ladridos e a linguaxe corporal. Iste proxecto vai máis aló destas barreiras lingüísticas ao ofrecer aos animais os medios tecnolóxicos necesarios para que as súas mensaxes sexan máis precisos.

O que o equipo de FIDO deseñou son uns chalecos equipados con sensores que poden ser activados mediante a mordedura do can ou tocándoos co fuciño. Estes sensores envían sinais auditivas ou mensaxes de texto a un Smartphone para traducir o que o animal está a indicar. A súa habilidade está ademais documentada no feito de que poden aprender como funciona o chaleco en menos dun minuto. Trátase, asegura Melody Jackson, do primeiro paso para conseguir traducir á nosa linguaxe o que os animais queren dicirnos e conseguir unha comunicación máis eficaz con eles. A fantasía de Stapleton está moi preto e entón, talvez, os cans poidan ensinar aos humanos como entenden eles a lealdade.

FONTE: Xornal El País

0 comentarios