Facebook Twitter Google +1     Admin

TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (IV)

Publicado: 02/07/2016 07:46 por vgomez en CURIOSIDADES
20160701073319-caballo-come.jpg

Cbalo pacendo / Imaxe:euroresidentes.com

A contestación á terceira pregunta do test é:  MÁIS DE 4500.

Xa sabemos o poder destrutivo que teñen os dentes dunha quenlla. No caso do quenlla balea (Rhincodon typus) podemos contar máis de 4.500 dentes na súa enorme boca; uns dentes implantados directamente nas encías, tremendamente finos e cortantes. É o peixe existente máis grande do mundo pero, a pesar do seu tamaño e a súa enorme boca, non hai nada que temer pois esta especie aliméntase fundamentalmente de plancto.

Imos coa pregunta de hoxe:

4. É un pouco escatolóxico pero... que animais son incapaces de vomitar?

- As ras, os cabalos e as ratas.

- Os cabalos, os elefantes e os suricatos.

- Os osos formigueiros, as Xirafas e os cabalos

A solución o próximo día e una nova pregunta.

FONTE: Sarah Romero/ Revista Muy Interesante/Natureza

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.