TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (IV)

Cbalo pacendo / Imaxe:euroresidentes.com
A contestación á terceira pregunta do test é: MÁIS DE 4500.
Xa sabemos o poder destrutivo que teñen os dentes dunha quenlla. No caso do quenlla balea (Rhincodon typus) podemos contar máis de 4.500 dentes na súa enorme boca; uns dentes implantados directamente nas encías, tremendamente finos e cortantes. É o peixe existente máis grande do mundo pero, a pesar do seu tamaño e a súa enorme boca, non hai nada que temer pois esta especie aliméntase fundamentalmente de plancto.
Imos coa pregunta de hoxe:
4. É un pouco escatolóxico pero... que animais son incapaces de vomitar?
- As ras, os cabalos e as ratas.
- Os cabalos, os elefantes e os suricatos.
- Os osos formigueiros, as Xirafas e os cabalos
A solución o próximo día e una nova pregunta.
FONTE: Sarah Romero/ Revista Muy Interesante/Natureza
0 comentarios