Facebook Twitter Google +1     Admin

TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (V)

Publicado: 04/07/2016 07:50 por vgomez en CURIOSIDADES
20160704074923-111.jpg

Salamandra atra / serpenti-del-ticino.com

A contestación á cuarta pregunta do test é: AS RAS, OS CABALOS E AS RATAS.

Por que? A clave está no esófago, que está rodeado dun músculo tremendamente poderoso xusto na zona que conecta co estómago, impedindo así que os alimentos poidan volver ao esófago e ser expulsados.

Imos coa pregunta de hoxe:

5. A xestación deste animal dura entre 2 e 4 anos. De que animal falamos?

- Iguana do Caribe

- Camaleón pantera

- Píntega alpina

A solución o próximo día e una nova pregunta.

FONTE: Sarah Romero/ Revista Muy Interesante/Natureza

Comentarios  Ir a formulario

gravatar.compaideleo

Eu sabía da elefanta que dura dous anos peronon destes animais.
Será a píntega alpina que vive nun clima frío ?.

Fecha: 05/07/2016 01:09.


Añadir un comentario



No será mostrado.