O ASTEROIDE FLORENCE PASARÁ HOXE PRETO DE NÓS
Imaxes de radar do asteroide 3122 Florence, obtidas o 29 de agosto polo observatorio Goldstone en California - NASA / JPL
Un asteroide de 4,4 km de lonxitude, como 30 pirámides exipcias postas en fila ou a metade do monte Everest, pasará hoxe preto da Terra. Chamado Florence, en honra de Florence Nightingale (1820-1910), a fundadora da enfermería moderna, a rocha espacial é a máis grande que visitou a nosa veciñanza en máis dun século, dende que a NASA ten rexistros, e está clasificado como potencialmente perigoso. Con todo, nesta ocasión non supoñerá unha ameaza para o noso planeta, xa que pasará a unha distancia segura de 7 millóns de quilómetros, 18 veces a que hai entre a Terra e a Lúa.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios