ANIMAIS RAROS IV
Continúo coa serie animais raros, ises seres de inconcibible aparencia, pero que son animais reais como a vida mesma e habitan no noso mundo.
4. Peixe morcego de beizos vermellos (Ogcocephalus darwini)
Aínda que a súa morfoloxía remite á dun morcego, é un peixe / Imaxe: Rein Ketelaars/bbvaopenmind.com
A súa morfoloxía remite á dun morcego, de ata 40 cm de lonxitude. Pero é un peixe, cuxas aletas natatorias actúan como patas e que en lugar de aleta dorsal unha especie de cana coa que atrae ás súas presas. E, ademais, posúe uns beizos dun intenso vermello fluorescente que ameazan con estampar un bico indeleble. Esta estraña visión só se pode contemplar nos arrecifes das Illas Galápagos, onde se lle adoita atopar sentado tranquilamente sobre o fondo areoso, apoiado sobre as súas aletas dorsais anais e pélvicas, profundamente modificadas ata converterse en pseudopatas, que os mesmo lle permiten camiñar que adoptar esa pose; pero ao prezo de nadar con extrema dificultade. Crese que os seus vistosos beizos sérvenlle para recoñecer a membros da mesma especie e como reclamo para atraer conxéneres do sexo oposto.
Mañá outro animal raro!
FONTE: www.bbvaopenmind.com/ciencia/biociencias
0 comentarios