Blogia
vgomez

RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL XIII

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é  Unha avispa de mar. A criatura máis velenosa é unha cubomedusa denominada Chironex fleckeri e máis comunmente coñecidas como “avispas de mar”. Son famosas polos efectos catastróficos do seu veleno. Habita nas costas australianas, filipinas e outras áreas tropicais e a súa neurotoxina ataca conxuntamente ao corazón e o sistema nervioso. O veleno, que se desprende ao máis mínimo contacto co animal, activa todos os centros de dor simultaneamente, inmobilizando á persoa pola dor. A sensación é equivalente a queimarse vivo.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Canto miden os cornos deste boi, que lle valeron o Récord Guinnes?

- 300 cm.

- 292,1 cm.

- 270,8 cm.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e fundacionaquae.org

0 comentarios