YUTU-2 POLA LÚA
O robot Yutu-2 descendendo do módulo de aluaxe / CNSA
A axencia espacial chinesa (CNSA) amosou as primeiras imaxes do robot Yutu-2 (que se traduce como Coello de Jade-2) avanzando pola superficie do cráter Von Kármán, unha formación de 186 quilómetros de diámetro cuberta de po gris. Alí, comezará a realizar a primeira análise en detalle da superficie e do subsolo do cráter sobre o terreo ao lado oculto da Lúa.
O Yutu-2, que comparte boa parte da súa tecnoloxía co primeiro Yutu, que chegou á Lúa en 2013 coa misión Chang’e 3, espera ter unha vida máis lonxeva que aquela máquina, que se averió despois de percorrer pouco máis de 100 metros.
FONTE: elpais.com/ciencia
0 comentarios