A HISTORIA DOS REIS MAGOS
Dos catro Evanxeos, só Mateo cóntanos esta pasaxe, cando en tempos de Herodes III o Grande, e nado Xesús en Belén de Xudea, chegaron alí en busca do Rei dos Xudeus uns magos (magusàioi) vidos dende Oriente, seguindo unha “estrela” que os guiaba polo camiño.
Con todo, no texto de San Mateo non se lles nomea nin como “Reis”, nin como “Magos“, nin sequera polos nomes como os coñecemos: Melchor, Gaspar e Baltasar. A idea de que un deles era negro, ou que eran tres, é produto da imaxinación ou da literatura posterior.
Pero hai outras cuestións curiosas ao redor desta historia. A longa tradición tróuxonos estes elementos identificadores que non se atopan escritos.
Vexamos a verdadeira historia ou o que podemos saber dela.
Por certo, espero que os Reis foran xenerosos!
0 comentarios