Blogia
vgomez

QUE PASARÍA SE NON HOUBESE A LÚA?

A Lúa / Imaxe: tiempo.com

A Lúa é o obxecto celestial máis fácil de atopar no ceo nocturno, desaparecendo da nosa vista apenas unas poucas noite. Atópase a unha distancia media desde a Terra de 238.855/38.400 quilómetros. A Lúa tarda 27,3 días en rotar sobre o seu eixo e en orbitar a Terra. Aínda que é un satélite da Terra, a Lúa, cun diámetro de aproximadamente 3.475 quilómetros, é máis grande que Plutón. Debido ao seu tamaño, ten un gran efecto no planeta. De feito, formamos un sistema planetario dobre, algo absolutamente anómalo entre os planetas do Sistema Solar. Ata o seu nacemento foi anómalo: o noso satélite naceu cando o noso planeta estaba na súa infancia e tras o impacto dun obxecto maior que Marte.

Pero, que pasaría se non houbese a Lúa?

Se non houbese Lúa desaparecerían as eclipses e as noites serían moito máis escuras. As mareas tamén serían diferentes: de feito, serían máis pequenas, ao redor dun terzo do que son agora. Todo o contrario á época en que se formou a Lúa: como se atopaba máis preto da Terra, as mareas chegaban aos 9 metros! 

Pero o máis interesante sería o que sucedería ao noso propio planeta. Non somos conscientes do papel que desempeña o noso (mal chamado) ’satélite’ na estabilidade dos movementos da Terra. Por unha banda, a presenza da Lúa frea a rotación terrestre, aínda que dun modo moi, moi pequeno: da orde duns poucos  microsegundos por ano. Claro que ao cabo dos 5.000 millóns de anos que leva o noso planeta dando voltas ao redor do Sol significa un bo pico. De feito, sen Lúa o día non duraría 24 horas senón de 6 a 8 horas!

E non só iso. Sen ela a orientación do eixo da Terra non se mantería estable e experimentaría variacións caóticas co tempo. Que esteamos a gozar dunha sucesión regular das estacións durante millóns de anos é grazas á Lúa. Marte, por exemplo, ten dúas lúas minúsculas e o seu eixo de rotación cambiou 60º nos últimos 10 millóns de anos (en comparación, o eixo terrestre oscila só 1,5º cada 41.000 anos). As consecuencias climatolóxicas dunha variación caótica do eixo de rotación farían moi difícil que a vida evolucionase como o fixo no planeta.

FONTE: MA. Sabadell/muyinteresante.es

0 comentarios