A NON EFICACIA DOS EDULCORANTES
Edulcorantes / Imaxe: adiosalagrasa.com
Nin a sacarina nin o aspartamo. Non hai probas convincentes que demostren que o consumo dos edulcorantes acalóricos reduce o sobrepeso e tampouco se poden descartar posibles danos. Así o suxire a maior revisión de estudos realizada ata a data e publicada na revista médica British Medical Journal.
Tras analizar un total de 56 traballos, os investigadores téñeno claro. Non hai evidencia suficiente que apoie o uso dos edulcorantes artificiais para restar quilos e así o transmitirán á Organización Mundial da Saúde (OMS).
Non só non resultan efectivos para o devandito fin, senón que algúns estudos apuntan mesmo para o efecto contrario.
En xeral, non parece haber diferenzas significativas entre as persoas que usan edulcorantes e as que non o fan, tampouco entre as diferentes doses deste substituto do azucre.
Facendo unha análise global, non se atoparon probas suficientes de ningún efecto dos edulcorantes en adultos con sobrepeso ou obesos ou en nenos que tentan perder peso de forma activa.
FONTE: Laura Tardón/elmundo.es
0 comentarios