ADIVIÑA O MONUMENTO NATURAL X
A contestación á pregunta do día anterior é a GRAN BARREIRA DE CORAL .
A Gran Barreira de Coral australiana é o maior arrecife de coral do mundo e está situado fronte á costa de Queensland. Esténdese sobre uns 2600 quilómetros de lonxitude e pode verse con facilidade desde o espazo. Estímase que alberga unhas 1.800 especies distintas (cunhas 400 especies de coral) con animais tan particulares como o dugongo e a gran tartaruga verde, en perigo de extinción.
E agora, a pregunta de hoxe:
Recoñeces o maxestuoso glaciar da imaxe?
- Glaciar Upsala.
- Glaciar Perito Moreno.
- Glaciar Crowfoot.
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios