A ORIXE DAS PALABRAS: "COTILLA"
A xente é moi cotilla / Imaxe:los tacones de marta - WordPress.com
Vocábulo español onde os haxa. Refírese a unha "persoa amiga de chismes e contos”
A súa particular historia comeza durante o reinado de Fernando VII. Máis en concreto grazas a unha persoa: María da Trindade. Unha fervente defensora do absolutismo que denunciaba sen pestañear a todo liberalista que atopase nas rúas de Madrid. Dita señora dedicábase a espiar, observar e meterse onde non a chamaban todos os días da súa vida. Mesmo formou unha banda de matóns que acababan coa vida das vítimas das súas murmuracións. Finalmente, a propia María foi condenada á morte á idade de 64 anos. As crónicas históricas defínena como “a muller máis inmoral que viu o Sol e as máis infame e indigna de vivir en sociedade”, e precisamente á historia pasou co nome de “Tía Cotilla”, termo que máis adiante se extrapolou a toda persoa afeccionada á vida dos demais.
E despois queixámonos da veciña do lado!
0 comentarios