Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: SIGNIFICADO DE APELIDOS REMATADOS EN -EZ



Un dos trazos máis distintivos dos apelidos en España é a prevalencia dos patronímicos, especialmente aqueles que rematan en "ez". Esta terminación indica descendencia, significando "fillo de".

Xurdiron como unha forma de identificación que engadía información sobre a filiación dunha persoa. Por exemplo, se un individuo chamábase Xoán e o seu pai chamábase Pedro, o seu apelido sería Pérez, denotando "Xoán, fillo de Pedro". Esta forma de denominación popularizouse especialmente en Castela, pero pronto se estendeu por outras rexións, reflectindo unha sociedade que valoraba profundamente os lazos familiares e a herdanza xenealóxica. Así outros exemplos serían Rodríguez (fillo de Rodrigo), Benítez (fillo de Benito), Martínez (fillo de Martín), etc.

FONTE: Fran Navarro/muyinteresante.es                      Imaxe: prensaescuela.es

0 comentarios