Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: TER MÁIS ANOS QUE MATUSALÉN

A expresión ter máis anos que Matusalén úsase para referirse a unha gran lonxevidade e fai alusión a Matusalén, un personaxe bíblico do Antigo Testamento, quen aparece descrito nas Sagradas Escrituras como alguén que chegou a vivir ata os 969 anos de idade.

Tivo o seu primeiro fillo aos 187 anos, o seu primeiro neto aos 369 e que morreu con 969 anos.

Evidentemente, é imposible para un ser humano alcanzar tal idade. Moitos expertos cren que esta cifra débese a un erro de transcrición ou tradución por parte dos primeiros copistas da Biblia, quen confundiu ciclos lunares con anos solares. Probablemente, Matusalén viviu entre 72 e 74 anos, unha lonxevidade notable para a súa época, xustificando así a asociación do seu nome coa lonxevidade extrema.

FONTE: blogs.20minutos.es   Imaxe creada con DALL-E

0 comentarios