Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: A PAU SECO



A pau seco é unha locución que se adoita utilizar para indicar que alguén tomou algo sen acompañamento (por exemplo, un viño sen a súa correspondente tapa ou un whisky sen xeo...). Pero esta expresión, orixinalmente, nada ten que ver coa hostalería e si moito coa náutica.

Navegar a pau seco significa ter que recoller as velas do barco por mor dun forte vento ou unha tempestade, polo que hai que ir co mastro (tamén chamado pau) descuberto (ou sexa, seco). Séculos atrás a ese pau seco tamén se lle denominou árbore seca.

FONTE: Rocío Carmona/lavanguardia.com

0 comentarios