AS CHAPUZAS DO DESEÑO DA ESPECIE HUMANA V
Continúo coa serie adicada as Chapuzas do “deseño” da especie humana. Non somos perfectos, a nosa especie dista moito de estar ben “deseñada”. Se onte falamos da garganta e o atragoamento, hoxe falaremos…
5. A expedición de Magallanes e a vitamina C
Dos aproximadamente 250 mariñeiros que partiron con Magallanes e Elcano, só 18 completaron a circunnavegación da Terra hai xa máis de 500 anos. Un dos grandes problemas durante a travesía foi o escorbuto, unha enfermidade que sobrevén tras longas tempadas sen consumir alimentos frescos.
Fontes de vitamina C / elmundo.es
A non inxesta de vitamina C fai que os seus niveis baixen e non poidamos sintetizar unha proteína, o coláxeno, que é esencial para manter e rexenerar moitos dos nosos tecidos. O noso organismo ten o roteiro de síntese da vitamina C, pero está incompleta. Eso explica por que non podemos producila e temos que consumila en alimentos frescos. Algo que non lles sucede aos gatos, que son capaces de sintetizar a súa propia vitamina C polo que non sofren nunca a enfermidade do escorbuto.
FONTE: Marcial Escudero/quo.eldiario.es/ciencia
Continuará...
0 comentarios