Blogia
vgomez

DÍA DA TERRA

Hoxe, 22 de abril, celébrase en todo o mundo o Día da Terra. É unha boa ocasión para reflexionar sobre a situación do noso planeta e a imperiosa necesidade de restablecer o equilibrio ecolóxico perdido. É agora cando adquire pleno significado unha serie de frases soadas sobre o medio ambiente que nos farán pensar sobre o papel do ser humano no mundo.

A primeira é de Jacques-Yves Cousteau (1910-19987), explorador mariño francés:

A auga e a terra, os dous elementos esenciais dos que depende a vida, convertéronse en caldeiros globais de lixo.

A segunda é de Roger Tory Peterson (1908-1996), naturalista, ornitólogo e educador norteamericano:

As aves son indicadores do medio ambiente. Se están en perigo, saberemos que nós estaremos pronto en perigo.

A terceira é de Mahatma Gandhi (1869-1948), líder pacifiksta indio:

A Terra prové o suficiente para satisfacer as necesidades de cada home, pero non a avaricia de cada home.

A cuarta, e última, é de Félix Rodríguez de la Fuente (1928-19800), naturalista español:

Hai que facer algo para protexer a unha Nai que non se queixa, que nos deu todo o que temos, e á que estamos a matar!

Bo Día da Terra!

FONTE: farodevigo.es/medio-ambiente   Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios