CENOURAS DE MAR: O CORAL MENOS COÑECIDO DOS FONDOS MARINOS GALEGOS
O mergullador e realizador galego Pedro Alonso estase a converter nunha das referencias audiovisuais á hora de divulgar a biodiversidade dos fondos mariños do país. O que comezou para el coma pasatempo está a alcanzar uns niveis de produción case cinematográficos. Nun dos seus últimos vídeos publicados na súa canle de Youtube, Alonso aspira a amosar a riqueza que teñen os solos areosos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Nel, pódese ver unha especie de coral non moi coñecida entre os galegos e galegas que non son asiduos mergulladores: as cenouras de mar.
Alonso explica unha situación da que está canso e que lle move a facer estes vídeos: “Cando volves a terra, a xente só pregunta se pescaches ou apañaches algo. Non entenden que podas ir mergullar para observar e desfrutar destes fondos que, ademais, necesitamos coidar máis e mellor”.
FONTE: gciencia.com/fotonautas
0 comentarios