Blogia
vgomez

TOP 10 DAS RESERVAS DA BIOSFERA DO MUNDO

A nova incorporación: a reserva do Tejo/Tajo (que comparte con Portugal)

As reservas da biosfera son unha iniciativa da UNESCO para protexer determinados ecosistemas terrestres e mariños. O seu obxectivo é unir a conservación da biodiversidade, o desenvolvemento sustentable da zona e os seus habitantes e a investigación científica.

A orixe desta figura remóntase a 1968, aínda que se desenvolveu a partir de 1974. A "Rede Mundial de Reservas da Biosfera" conta xa cunha lista de 669 lugares repartidos en 120 países de todo o planeta.

España estaba empatada con Estados Unidos en número de reservas da biosfera, pero tras a última actualización da lista da UNESCO, é o país que máis ten do mundo. En concreto, pasa a ter agora un total de 48 reservas da biosfera, grazas á nova incorporación, a reserva do Tezo/Tajo (que comparte con Portugal), que transcorre polo río que lle dá nome. En 1977 nomeáronse as dúas primeiras reservas: Grazalema, en Cádiz, e Ordesa-Viñamala, en Huesca. Na actualidade, todas as comunidades autónomas contan polo menos cunha no seu territorio. Se queres coñecerlas preme AQUÍ.

No segundo lugar está Estados Unidos con 47.

O terceiro lugar temos a México, con 42.

No cuarto lugar atopamos a Rusia con 41.

O quinto posto está ocupado por  China, que conta con 33.

No sexto lugar atopamos a Canadá con 18.

O séptimo lugar está ocupado por Bulgaria con 17.

No oitavo e noveno lugar atopamos a Alemaña e Arxentina, ámbolos dous con 15.

Para rematar, no décimo lugar está ocupado por Australia con 14.

FONTE:Revista Consumer/Medio Ambiente

0 comentarios