A DANZA DOS PÉNDULOS
O inventor deste obxecto é o físico austriaco Ernst Mach. Creou o dispositivo no século XIX, co obxectivo de explicar os movementos pendulares aos seus alumnos universitarios.
Como funciona? Segundo explica Carmen Palacios, profesora xubilada de Física da Universidad de Navarra, que publicou unha investigación sobre o tema, un dos aspectos máis importantes é a lonxitude de cada péndulo. Ao ser diferentes, cambia o período, é dicir, o tempo que o péndulo tarda en completar unha oscilación. O movemento completo de dereita a esquerda, ou viceversa. Os péndulos máis longos teñen o período máis longo e os máis curtos, o máis curto.
Non todos os péndulos fan o mesmo número de oscilacións no experimento: a medida da corda axústase para que o péndulo seguinte faga sempre unha oscilación máis no mesmo período de tempo. É dicir, se o máis curto fai 30, o seguinte fai 31 e o seguinte 32.
En función de cantas oscilacións de diferenza haxa entre cada péndulo, a imaxe que vemos é unha ou outra. E, tamén en función disto, cada péndulo parece máis sincronizado cuns ou outros. Así se van creando eses movementos que por momentos parecen de serpe, ás veces separados en dous equipos ou completamente ás toas. Ao final, todas terminan de balancearse no mesmo momento. Se queres ver a explicación de Carmen Palacios con moitos detalles máis técnicos preme AQUÍ.
Fascinante!
FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpaís.com
0 comentarios