CURIOSIDADES DO CORPO HUMANO V
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada as curiosidades soprendentes do noso corpo, que nos acompaña a diario, desde que nos levantamos ata que nos deitamos.
Se onte falamos dos músculos, hoxe falaremos dos pulmóns.
5. Temos un pulmón máis grande có outro
O aparello dixestivo está formado por órganos que son importantes para dixerir os alimentos e os líquidos. Estes inclúen a boca, a faringe (gorxa), o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso, o recto e o ano.
Datos:
- Un adulto inxere aproximadamente 500 quilogramos de alimento ao ano.
- Cada día prodúcense 1,5 litros de saliva.
- O esófago mide aproximadamente 25 cm.
- Os músculos contráense en ondas para facer avanzar os alimentos ao longo do esófago. Isto significa que chegarían o estómago dunha persoa mesmo aínda que estivese boca abaixo.
- O estómago dunha persoa adulta pode conter aproximadamente 1,5 litros de alimento.
- Cada día flúen a través do sistema dixestivo 11,5 litros de: alimentos dixeridos, auga e mollos dixestivos, e só se perden 100 ml. de fluído nas feces.
- Temos dous xogos de dentes.Na infancia os nosos 20 "dentes de leite" son substituídos, a partir dos 6-7 anos de idade, polos 32 dentes de adulto.
FONTE: Mar Aguilar/Srah Romero/Pedro Gargantilla/muyinteresante.es e universum.unam.mx Imaxe: concepto.de
Continuará...
0 comentarios