Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DO CORPO HUMANO VI

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada as curiosidades soprendentes do noso corpo, que nos acompaña a diario, desde que nos levantamos ata que nos deitamos.

Se onte falamos dos pulmóns, hoxe falaremos dao sistema inmunitario.

6. Defenderse o corpo dos axentes patóxenos

O sistema inmunitario protexe o corpo do seu hujo de invasores externos tales como bacterias. virus, fungos e toxinas (substancias químicas producidas polos microbios). Está constituído por diferentes órganos, células e proteínas que traballan conxuntamente.   

Datos:

- A pel segrega substancias antibacterianas. Estas substancias explican por que non nos levantamos pola mañá cunha capa de mofo medrando sobre a pel (a maioría das bacterias e esporas que se pousan sobre a pel morren rapidamente).

- As bágoas e a mucosidade conteñen unha encima chamada lisozima, que descompón a parede celular de moitas bacterias.   

- Os nódulos linfáticos conteñen tecido filtrante e un gran número de células linfáticas. Cando se combaten certas infeccións bacterianas, os nódulos linfáticos ínchanse. A hinchazón dos nódulos linfáticos é por tanto un bo indicador de que se ten algún tipo de infección.

- As bacterias son parte importante do noso organismo, moitas nos protexen fronte a enfermidades e outras axudan a renovar partes do noso organismo. En total, temos a friorenta de 39 billóns. Noutras palabras, temos dez veces máis bacterias que células no noso organismo.

FONTE: Mar Aguilar/Srah Romero/Pedro Gargantilla/muyinteresante.es e universum.unam.mx     Imaxe: enlinea.santotomas.cl

Continuará...

0 comentarios