Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: CUSTAR UN OLLO DA CARA

 

Retrato de Diego de Almagro /Domingo Mesa/Museo histórico nacional de Chile.

Custar un ollo da cara. Esta expresión fai referencia a cando algo che supón moito esforzo e fixeches un gran sacrificio.

A orixe é máis literal do que podemos pensar, xa que ao creador da expresión é verdade que lle custou un ollo da cara. Quen perdeu un ollo por unha fazaña?

O protagonista é o navegante e conquistador Diego de Almagro, que no século XVI dedicouse a realizar expedicións de exploración e ocupación por Colombia, Ecuador, Bolivia, Perú e Chile (desta última considéraselle descubridor).

Durante unha expedición realizada entre finais de 1.524 e principios de 1.525 na que Diego de Almagro foi a socorrer a Francisco Pizarro (que quixo tomar o Fortín do Cacique das Pedras, na actual Colombia) foi atacado brutalmente e ferido pola frecha dun indíxena nun ollo, quedándo chosco.

Ao cabo do tempo, Diego de Almagro entrevistouse co monarca Carlos I explicándolle: O negocio de defender os intereses da Coroa custoume un ollo da cara.

Debido aos riscos que viviu Almagro, esta frase pronto se usaría para facer mención do dificultoso que poderían resultar certas accións, evolucionando co tempo e dándolle o significado que actualmente ten.

FONTE: aulafacil.com

0 comentarios