A ORIXE DAS PALABRAS: ABURRIRSE COMO UNHA OSTRA
Ostra e óstrakon
A expresión aburrirse como unha ostra significa chegar ao colmo do aburrimento e os expertos expoñen dúas teorías para a súa orixe. Uns expertos sitúan a súa orixe en a corte francesa de Luís XV, outros en a Grecia clásica.
Os primeiros afirman que no verán de 1741, moi caluroso e aburrido, por certo, o monarca francés tivo a idea de facer festas ao aire livre, vestindo aos cortesáns de personaxes mariños. Os gardas lucían como peixes espada e as bailarinas como gambas.
A encargada de coidar as xoias da raíña recibiu o disfrace de ostra. Como o seu traballo limitábase a poucos minutos diarios, os cortesáns empezaron a usar a frase aburrirse como unha ostra en referencia a ela.
A outra teoría, sitúa a orixe da expresión en Grecia, fai derivar a frase non do molusco, o cal non sabemos se se aburre realmente, senón do termo ostracismo.
A palabra ostracismo non provén de óstrakon que é o modo ao que se lle chamaba á cuncha de cerámica na que se escribía o nome da persoa á que se quería desterrar.
Este era un castigo imposto en cidades como a de Atenas que implicaba o desterro durante un período de tempo. Ao limitarse a súa vida social, o ostracista aburríase de xeito abondo, o que chegou ata nós como a expresión que todos coñecemos.
FONTE: blogs.20minutos.es e actualidad.tuamc.tv
0 comentarios