A ORIXE DAS PALABRAS: CAMARLENGO
O camarlengo, cardenal Kevin Farrell / Zumapres.com/Cordon Press
Estes días, pola porte do papa Francisco, hai moitas palabras vaticanas descoñecidas para a maioría de nos. A máis reperida é CAMERLENO.
O camarlengo é o Cardeal que preside a Cámara Apostólica e se encarga da administración e goberno da Igrexa mentres a sé apostólica de Roma está vacante.
Esta palabra ten a súa orixe nun termo do franco *kamarling que non significa outra cousa que ’camareiro’; certamente, como imos ver, o cargo de camarlengo é en certo sentido semellante ao de camareiro, por ser o axudante máis próximo ao pontífice.
De entre os cardeais posibles, é nomeado polo propio papa cada cinco anos para presidir a Cámara Apostólica, corpo administrativo da Igrexa romana. As súas funcións consisten en asumir o goberno da Igrexa, só administrativo, durante o período de sé vacante; na preparación do conclave e o seu correcto desenvolvemento, así como tamén en comprobar ou verificar a morte do pontífice, se se dá o caso. Ademais, destrúe o selo do pescador para evitar posibles falsificacións de documentos e sela cun lacre as dependencias papais ata que se instale o novo.
FONTE: portaldaspalabras.gal
0 comentarios