Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: QUE CADA PAU AGUANTE A SÚA VELA

A expresión “que cada pau aguante a súa vela” emprégase para indicar que unha persoa debe facer fronte ás responsabilidades que carrexan as súas accións ou que se debe resignar á sorte que lle tocou vivir nalgún aspecto cotián, en ambos os casos sen esperar axudas externas.

A súa orixe é mariñeira, referíndose aos madeiros que se colocan perpendiculares á quilla nos barcos e as velas que se suspenden deles e cuxo peso soportan; aguantándoas por si mesmos xa faga sol e un clima marabilloso, ou estean inmersos na peor das tempestades con choiva, vento e ondas.

Esta expresión sufriu modificacións ao longo do tempo e dependendo do lugar onde nos atopemos, sendo frecuente escoitar “que cada un aguante a súa vela” ou “que cada un cargue coa súa maleta” para referirse á mesma expresión.

FONTE:  aulafacil.com                     Imaxe: aulafacil.com                    

0 comentarios