Blogia
vgomez

OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO VIII

A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados.  Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.

Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.

Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...

8. Iguanodon


 

Iguanodon foi o segundo dinosauro despois do Megalosaurus en recibir nome formal do seu xénero; máis importante, os seus numerosos fósiles (investigados por primeira vez por Gideon Mantell en 1820) precipitaron un acalorado debate entre os naturalistas sobre se estes antigos réptiles existían ou non. Georges Cuvier e William Buckland, por exemplo, afirmaban que eses ósos pertencerían a un rinoceronte pero, o biólogo e paleontólogo inglés Richard Owen impúxose coa realidade identificando ao Iguanodon como un verdadeiro dinosauro.

Iguanodon viviu a principios período Cretácico, Hai aproximadamente 130 a 120 millóns de anos, no que hoxe é Europa.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es 

0 comentarios