A ORIXE DAS PALABRAS: FACERSE O SUECO
O dito popular “facerse o sueco” fai referencia a unha persoa que tenta facerse o descoidado para que pareza que algo non ten que ver con el. Desentenderse, finxir que non entende.
Un exemplo diso sería cando un vai camiñando pola rúa e atópase con alguén a quen non quere ver e faise o descoidado, esa persoa estaríase a facer o sueco. Outra opción sería cando nunha conversación alúdese a un feito que fai referencia a algún dos presentes e iste fai coma se a cousa non fóra con el.
Segundo algúns autores, a orixe faría referencia á forma en que actuaban os mariñeiros suecos ao atracar nos nosos portos, onde non podían entender o que se lles dicía xa que descoñecían a nosa lingua. É dicir, que viría por imitación a eses mariñeiros, facendo que non entenden do que se lles fala e tendo así relación coa expresión “facer oídos de mercador”, cuxo significado sería o mesmo que a expresión “facerse o sueco”.
Con todo, a pesar da referencia ao xentilicio do país escandinavo, o certo é que, probablemente, a súa orixe nada ten que ver cos habitantes de Suecia, senón máis ben cos zocos, si, cun tipo de calzado. E preguntarasche, por que? Pois ben, en realidade, a palabra sueco á que fai referencia o dito, proviría do vocábulo latino soccus, que é como se chama o tipo de calzado que utilizaban os cómicos nas representacións de teatro cómicas na antiga Roma, e en contraposición do coturno, o zapato que utilizaban os actores que representaban dramas. Esta é a tese que defende o lexicógrafo José María Iribarren no seu libro O porqué dos ditos. Da palabra soccus deriva a palabra zoquete, que segundo a RAG , e entre outras acepcións, significa “Persoa de pouco entendemento ou disposición”. Isto significaría que o que se fai o sueco faríase curto entendedor e por tanto tería sentido como explicación do dito.
FONTE: allianz-assistance.es/blog Imaxe: escribirbienyclaro.com
0 comentarios