Blogia
vgomez

GRETA THUNBERG XA TEN O SEU NOME NUN CARACOL: CRASPEDOTROPIS GRETATHUNBERGAE



O seu nome científico é Craspedotropis gretathunbergae, e foi achada nos trópicos do sueste asiático. Trátase dunha nova especie de caracol recentemente descuberta polos participantes de Taxon Expeditions, empresa que organiza excursións científicas para equipos formados por científicos e outros cidadáns.

O caracol, bautizando en honra á moza activista sueca, pertence aos chamados caenogastrópodos, un grupo de caracaois terrestres que son sensibles á seca, as temperaturas extremas e a degradación forestal. Con todo, este Craspedotropis gretathunbergae é aínda máis sensible á alteración do hábitat que outras especies similares, como a Stylommatophora; os  invididuos desta  últma son os primeiros en desaparecer despois da degradación do bosque, presumiblemente como resultado de rangos de tolerancia máis baixos para a temperatura e a humidade.

A descrición do novo caracol foi publicada na revista Biodiversity Data Journal, e é o resultado dun esforzo de ciencia cidadá, o traballo conxunto de científicos e outros cidadáns, nun laboratorio de campo. O seu nome específico decidiuse durante unha sesión de votación, na cal os participantes podían suxerir e votar nomes científicos.

O nome foi escollido en honra á moza activista climática  Greta Thunberg, porque as microesferas dos caenogastrópodos dos bosques tropicais, como esta nova especie, son moi sensibles ás secas e temperaturas extremas, que probablemente sexan máis frecuentes a medida que continúa o cambio climático.

A través de contactos mutuos, achegámonos a Thunberg e chegamos á conclusión de que estaría encantada de que esta especie levase o seu nome”, manifestan os autores. "Nomear a este caracol en honra a Greta  hunberg é a nosa forma de recoñecer que a súa xeración será responsable de solucionar os problemas que non crearon. E é unha promesa de que persoas de todas as xeracións uniranse a ela para axudala”, engaden.

O seu  caparazón mide menos de 3 milímetros de longo e 2 milímetros de ancho. Posúe unha espiral cuns cinco xiros, cunha apertura na súa base de menos dun milímetro. Todos os individuos foron atopados vivos ao pé dun outeiro empinado, á beira da beira dun río, alimentándose de noite nas superficies superiores das follas verdes das plantas do  sotobosque, a un milímetro sobre o nivel do chan.

Todo o traballo descrito no documento (traballo de campo, estudo morfolóxico,  microfotografía, descrición taxonómica e diagnóstico) levou a cabo nun centro de campo con equipo básico e sen acceso a internet, por científicos cidadáns guiados por científicos expertos, durante 10 días.

Aínda que os autores recoñecen que esta forma de traballar ten as súas limitacións en termos de calidade da produción (por exemplo, non foi posible realizar diseccións ou realizar procuras exhaustivas na literatura científica), os beneficios deste método de traballo inclúen o descubrimento rápido de especies e o procesamento in situ dos materiais.

FONTE: Laura Marcos/muyinteresante.es Imaxe: bdj.pensoft.net

0 comentarios