ALBERT EINSTEIN III

A contestación á pregunta do día anterior é ULM.
Einstein naceu en Ulm, cidade alemá do estado de Baden-Wurtemberg, situada entre Stuttgart, Augsburg e Múnic Ulm é coñecida pola Catedral de Ulm que conta coa torre de igrexa máis alta do mundo e por ser a cidade natal de Albert Einstein. A súa data de nacemento é o 14 de marzo de 1879.
E agora, a pregunta de hoxe:
Houbo un dispositivo que marcou un antes e un despois na vida de Einstein. Cal foi?
- O telescopio.
- O cinematógrafo.
- O compás.
- O péndulo.
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante
0 comentarios