SAGUARO

Carnegiea gigantea (Foto CactiGuide.com)
O saguaro ou sahuaro (Carnegiea gigantea) é o catus máis grande existente. É un cactus columnar (podendo acadar os 20 m) típico do deserto de Sonora (que seguramente vistes algunha vez nas películas do oeste e que está entre Estados Unidos e México). Presenta ramificacións laterais que co tempo dóbranse cara arriba, dándolle un aspecto de candelabro (coñecido tamén polo seu aspecto como cactus candelabro).
Vive moitos anos e medra moi lentamente, tendo unha grande capacidade de almacenar auga durante as treboadas, o que o convirte nunha fonte de alimentación. A súa flor, con pétalos curtos brancos, aparece na parte superior do talo. O seu froito, vermello,é comestible.
0 comentarios