O MONSTRO DO LAGO NESS: NESSIE PODERÍA SER UNHA ANGUÍA XIGANTESCA
Histórica montaxe do monstro do Lago Ness / Imaxe: thetimes.co.uk
As primeiras testemuñas sobre a existencia do monstro do Lago Ness (Nessie) remóntanse ao século VI e atribúense a Columba de Iona, introductor do cristianismo en Escocia. Desde entón, producíronse preto de 4.000 supostos avistamentos: díxose del que podería ser unha especie de malvado «cabalo acuático», un sobrevivente do Xurásico ou cousas moito máis cotiás, como un madeiro á deriva, un gran peixe, algún ave acuática ou, sinxelamente, unha onda.
O certo é que ningún científico atopou aínda probas da existencia de Nessie, pero as profundas e negras augas do lago, tinguidas pola turba do chan, e a montaña de libras que levou o turismo, mantiveron vivo o misterio do monstro. Así as cousas, un estudo que acaba de ser realizado por científicos da Universidade de Otago (Nova Zelandia) extraeu o ADN das criaturas viventes do lago. Despois de obter datos moi interesantes sobre a fauna do lugar, propuxeron que Nessie ben podería ser unha ou varias anguías xigantescas.
O que as fotografías, en ocasións trucadas, permitiron albiscar, non pasou o exame da secuenciación xenética: unha técnica que permiten radiografar varios puntos do lago para entender que seres vivos habitan nel.
"Síntoo, pero a hipótese do plesiosaurio (un réptil Jurásico que sobreviviría no fondo do lago) non se sostén en base aos datos que obtivemos", manifestou o director da investigación. "Tampouco hai ADN de quenllas, nin de bagres (unha orde de peixes entre os que hai especies que alcadan un gran porte), nin puidemos atopar ningunha evidencia de esturións (un primitivo xénero de peixes que pode superar os tres metros de lonxitude)".
Por tanto, as anguías serían, segundo el, unha explicación máis plausible para a fantasmagórica presenza. E non só porque o lago estea ateigado delas, senón tamén porque en 2007 un vídeo filmou unha forma alongada, de preto de catro metros, cuxa forma lembraba á dun torpedo. Podería ser unha anguía?
Un pescador dixo unha vez: "Mira, teño que dicircho. Temos un barco de 16 pés (un pouco menos de cinco metros) e cando estabamos a pescar no Lago Ness unha anguía pasou preto e era máis longa que o barco". Será esta entón a resposta ao lonxevo misterio do monstro?
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios