DESCUBERTO O PRIMEIRO PEIXE DE SANGUE "QUENTE"
"Opah" / Imaxe: NOAA FISHERIES WEST COAST
A diferenza das aves e os mamíferos, a maioría dos animais está á mesma temperatura que hai no exterior. Adóitase dicir deles que son de sangue frío, porque dan esa sensación ao tacto, pero sería máis correcto dicir que son poiquilotermos (de feito algúns poden estar bastante quentes se lles dá o sol). Caracterízanse en que, en vez de manter unha temperatura interna estable como os humanos, permanecen máis ou menos á mesma que hai no ambiente. Pero como a calor aumenta a velocidade das reaccións bioquímicas que acontecen nos animais, estes ás veces necesitan moverse para refrescarse ou quentarse. Nalgúns casos mesmo deben desenvolver compostos anticonxelantes para non morrer.
E aínda que o 99 % das especies de peixes recorren a esta estratexia, algúns deles (como o atún, a quenlla peregrina e o peixe espada), non son considerados como «animais de pura raza frío». O motivo é que son tan rápidos e musculosos que manteñen quentes algunhas partes do seu corpo, grazas tamén á existencia de radiadores internos que rescatan a calor do seu sangue. Agora, un grupo de investigadores do NOAA (Administración Nacional Oceánica e Atmosférica) descubriu que o peixe lúa real, (tamén coñecido como «xitana», Lampris guttatus ou "opah") é o primeiro peixe de sangue quente ao 100 por cento, ao igual que as aves e os mamíferos. Segundo o achado, publicado o pasado xoves na revista Science, o seu corpo está a uns 5 graos centígrados máis que a auga fría de arredor, aquilo que lle permite nadar máis rápido e ver mellor.
Para descubrir se os "opahs" eran ou non peixes de sangue quente, os investigadores recolleron datos das súas temperaturas nos animais que capturaron na Costa Oeste de Estados Unidos, e tamén seguiron as súas temperaturas cando se somerxían despois.
Pero o descubrimento produciuse cando o coautor do estudo, recolleu unha mostra das branquias dun "opah". Alí encontrou un novo tipo de «radiador» similar os que usan eses peixes que «non son de pura raza frío», como as quenllas, e que lles permiten manter quentes algunhas zonas do seu corpo.
En concreto, observaron que os vasos sanguíneos das branquias estaban deseñados para minimizar a perda de calor, seguindo un sistema de contracorrente, que consiste en poñer en contacto o sangue frío coa quente nalgunhas zonas para evitar que se perda enerxía a través da pel. Isto consegue manter todo o corpo máis quente que a auga do exterior.
Aínda nos quedan moitas cousas por aprender!
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios