SABÍAS QUE... (CIRRIO)
O cirrio ou birrio (Apus apus) foi elixido por votación popular ‘ave do ano’ do 2021, un título outorgado pola a entidade conservacionistas Sé/BirdLife para concienciar á poboación sobre a riqueza avícola do país e a importancia da preservación da avifauna.
É unha ave da orde dos apodiformes, coa plumaxe de cor negra, parecida á anduriña, aínda que de maior envergadura.
O seu nome científico ven do grego απους, apous e significa sen pés. De feito os pes e patas son pouco visibles.
Ningunha outra ave pasa tanto tempo no aire, supoñendo que poden voar sen pousarse durante anos, e abandonan o voo só para criar, bebendo e durmindo voando.
Ten unha loxitude de 16 cm., envergadura das ás de 40 a 45 cm. e un peso duns 40 gramos.
O aspecto exterior de machos e femias é semellante.
Forma colonias para facer os niños, sendo moi fieles nos lugares de nidificación (ocos en paredes ou debaixo dos teitos de edificios, a moita distancia do chan) e, en moitas ocasións, escolle a mesma parella do ano anterior.
Poñen de dous a tres ovos que son incubados polos dous membros da parella. Os polos tardan ata 27 días en saír do ovo, dependendo do tempo atmosférico, e son capaces de voar cando teñen 40 días de vida.
É un especialista na captura de pequenos insectos voadores, o denominado aeroplancton. O método utilizado para iso é o varrido en voo, coa boca aberta a modo de cazamariposas.
Frecuente en contornas urbanas, atópase en claro declive segundo os últimos datos, cun descenso poboacional de preto do 27% durante os últimos 22 anos. A destrución dos lugares de cría e a perda de hábitat cóntanse entre as súas principais ameazas.
FONTE: seo.org e gal.wikipedia.org Imaxe: nationalgeographic.com.es
0 comentarios